lunes, 11 de agosto de 2008

Claustro de Santo Domingo de Silos


Obra: Claustro del monasterio de Santo Domingo de Silos (Burgos)
Autor: Desconocido
Fecha: XI y XII
Estilo: Románico
Material: Piedra de sillería

El claustro, adosado a una nave del monasterio o de una iglesia, es una construcción cerrada de forma cuadrada; cada galería resultante se llama panda. A cada panda se abren las diversas dependencias monacales, pues la vida de la comunidad se articula y organiza alrededor de este lugar. En torno a él se encuentran la iglesia, la sala capitular, el refectorio, la cocina, la cilla, el dormitorio, el scriptorium, la biblioteca, etc. El claustro es el lugar a propósito para que el monje pueda dedicarse a la contemplación "física", a pasear, reflexionar, rezar o descansar.
Este claustro de Silos presenta doble planta, cosa poco frecuente; la que vemos en la foto es la inferior. El cuadrado es un poco desigual en este caso. Está formado por arcos de medio punto que descansan sobre columnas de fuste liso pareadas. Los capiteles son de diversos tipos, pero están decorados, unos con animales diversos y otros con elementos geométricos. Toda la arquería va montada sobre un podio corrido con una abertura en el centro para acceder al jardín.
En los cuatro machones hay un conjunto de relieves historiados bajo arcos de medio punto. Los capiteles y machones forman uno de los conjuntos más interesante en el campo de la escultura española románica.
Esta galería es de mediados del XI y fue terminada a comienzos del XII. La superior se hace a mediados del XII. La cubrición está formada a base de vigas de madera.
Aunque ya existía un monasterio visigodo dedicado a San Sebastián en este lugar, es a partir de mediados del siglo XI, cuando Fernando I, rey de Castilla, encomienda al abad Domingo restituir la vida monástica en este lugar. Domingo morirá en olor de santidad, lo que va a favorecer la llegada de peregrinos y las donaciones económicas para acometer nuevas construcciones. Lamentablemente, la iglesia románica de Silos desaparece en 1751 para sustituirla por una de estilo neoclásico. Menos mal que nos queda la escultura, el mejor ejemplo de escultura románica de Castilla.
El románico penetra en la Península por dos zonas. Una llega a Cataluña desde Italia, donde se desarrolla al conocido como románico catalán. La otra vía de penetración es el Camino de Santiago, es de influencia francesa y llega de manos de los monjes benedictinos (monjes de hábito negro) de la abadía de Cluny. Tras la conquista de Toledo (1085) por Alfonso VI, la paz se había asegurado en el norte peninsular. Este camino es la vía medieval de difusión del románico y a lo largo de su recorrido encontramos, además de santo Domingo de Silos, obras como: la catedral de Jaca, la iglesia del monasterio de san Martín de Frómista, la colegiata de san Isidoro de León y la catedral de Santiago de Compostela.

 *************

Obra: Claustro do mosteiro de san Domingos de Silos (Burgos)
Autor: Descoñecido
Data: XI e XII
Estilo: Románico
Material: Pedra de cantaría
 
O claustro, encostado a unha nave do mosteiro ou dunha igrexa, é unha construción pechada de forma cadrada; cada galería resultante chámase panda. A cada panda ábrense as diversas dependencias monacais, pois a vida da comunidade se articula e organiza ao redor deste lugar. En torno a el atópanse a igrexa, a sala capitular, o refectorio, a cociña, o celeiro, o dormitorio, o scriptorium, a biblioteca, etc. O claustro é o lugar axeitado para que o monxe poida dedicarse á contemplación "física", a pasear, reflexionar, rezar ou descansar.
Este claustro de Silos presenta dobre planta, cousa pouco frecuente; a que vemos na foto é a inferior. O cadrado é un pouco desigual neste caso. Está formado por arcos de medio punto que descansan sobre columnas de fuste liso pareadas. Os capiteis son de diversos tipos, pero están decorados, uns con animais diversos e outros con elementos xeométricos. Toda a arquearía vai montada sobre un podio corrido cunha abertura no centro para acceder ao xardín.
Nos catro machóns hai un conxunto de relevos historiados baixo arcos de medio punto. Os capiteis e machóns forman un dos conxuntos máis interesantes no campo da escultura española románica.
Esta galería é de mediados do XI e foi terminada a comezos do XII. A superior faise a mediados do XII. A cubrición está formada a base de vigas de madeira.
Aínda que xa existía un mosteiro visigodo dedicado a san Sebastián neste lugar, é a partir de mediados do século XI, cando Fernando I, rei de Castela, encomenda ao abade Domingos restituír a vida monástica neste lugar. Domingos morrerá en recendo de santidade, o que vai favorecer a chegada de peregrinos e as doazóns económicas para acometer novas construcións. Lamentablemente, a igrexa románica de Silos desaparece en 1751 para substituíla por unha de estilo neoclásico. Menos mal que nos queda a escultura, o mellor exemplo de escultura románica de Castela.
O románico penetra na Península por dúas zonas. Unha chega desde Italia a Cataluña, onde se desenvolve e é coñecido como románico catalán. A outra vía de penetración é o Camiño de Santiago, é de influencia francesa e chega de mans dos monxes beneditinos (monxes de hábito negro) da abadía de Cluny. Trala conquista de Toledo (1085) por Afonso VI, a paz asegurouse no norte peninsular. Este camiño é a vía medieval de difusión do románico e ao longo do seu percorrido atopamos, ademais de san Domingos de Silos, obras como: a catedral de Jaca, a igrexa do mosteiro de san Martiño de Frómista, a colexiata de santo Isidoro de León e a catedral de Santiago de Compostela.

No hay comentarios: