viernes, 29 de agosto de 2008

Virgen theotokos


Obra: Virgen theotokos
Autor: Desconocido
Fecha: Siglo XII
Estilo: Románico
Técnica: Piedra policromada

La iconografía de la Virgen María en la escultura románica es variada, pero una de las representaciones más habituales es la de la Virgen madre como trono de Dios (theotokos). Esta forma es frecuente en el mundo bizantino, por lo que su influencia en en románico es clara.
La palabra theotkos estaría mejor traducirla como "la que da a luz a Dios". Así fue declarado en el concilio de Éfeso (431) frente a las ideas de Nestorio que decía que María había sido solamente madre de Cristo. Y así se lee en el decreto conciliar: "Desde un comienzo la Iglesia enseña que en Cristo hay una sola persona, la segunda persona de la Santísima Trinidad. María no es solo madre de la naturaleza, del cuerpo pero también de la persona quien es Dios desde toda la eternidad. Cuando María dio a luz a Jesús, dio a luz en el tiempo a quien desde toda la eternidad era Dios. Así como toda madre humana, no es solamente madre del cuerpo humano sino de la persona, así María dio a luz a una persona, Jesucristo, quien es ambos Dios y hombre, entonces Ella es la Madre de Dios".
El concepto simbólico de la escultura románica se presta muy bien para representar este concepto de maternidad divina mediante ciertos recursos estilísticos. La Virgen aparece sentada, con el Niño Jesús sentado en su regazo, mirando ambos al frente. No hay relación entre la madre y el hijo, algo que sería natural entre ambos. Pero en el románico no se muestran los sentimientos. El hieratismo de ambas figuras, los pliegues geométricos y paralelos, los pies colgantes, etc. son otros tantos rasgos de la escultura románica.
Estas obras exentas están realizadas en madera o en piedra y están policromadas. La imagen que vemos se encuentra en la catedral de Tudela (Navarra), es de piedra y realizada en el siglo XII.

************* 

Obra: Virxe theotokos
Autor: Descoñecido
Data: Século XII
Estilo: Románico
Técnica: Pedra policromada

A iconografía da Virxe María na escultura románica é variada, pero una das representacións máis habituais é a da Virxe nai como trono de Deus (theotokos). Esta forma é frecuente no mundo bizantino, polo que a súa influencia no románico é clara.
A palabra theotokos estaría mellor traducila como "a que dá a luz a Deus". Así foi declarado no concilio de Éfeso (431) fronte ás ideas de Nestorio que dicía que María fora soamente nai de Cristo. E así se le no decreto conciliar: "Desde un comezo a Igrexa ensina que en Cristo hai unha soa persoa, a segunda persoa da Santísima Trindade. María non é só nai da natureza, do corpo, senón tamén da persoa quen é Deus desde toda a eternidade. Cando María deu a luz a Xesús, deu a luz no tempo a quen desde toda a eternidade era Deus. Así como toda nai humana, non é soamente nai do corpo humano senón da persoa, así María deu a luz unha persoa, Xesucristo, que é Deus e home, entón Ela é a Nai de Deus".
O concepto simbólico da escultura románica préstase moi ben para representar este concepto de maternidade divina mediante certos recursos estilísticos. A Virxe aparece sentada, co Neno Xesús sentado no seu colo, mirando ambos á fronte. Non hai relación entre a nai e o fillo, algo que sería natural entre ambos. Pero no románico non se mostran os sentimentos. O hieratismo de ambas figuras, os pregues xeométricos e paralelos, os pés colgantes, etc. son outros tantos trazos da escultura románica
Estas obras exentas adoitan estar realizadas en madeira ou en pedra e están policromadas. A imaxe que vemos atópase na catedral de Tudela (Navarra), é de pedra e foi realizada no século XII.