lunes, 28 de diciembre de 2009

Alzados románicos


Obra: Cortes en alzado de iglesias románicas
Fecha: Siglos XI y XII
Estilo: Románico

Estos son diversos esquemas constructivos que se usan en el románico; pero no son los únicos. Los tres son de iglesias de tres naves separadas por pilares compuestos.
En el ejemplo A las naves laterales son un poco más bajas que la central. Las tres estarían cubiertas con bóvedas de cañón. La iluminación de la nave central es indirecta, a través de luz que llega de las naves laterales, que sí tienen iluminación directa. Es el modelo que sigue san Martín de Frómista.
En el ejemplo B, la nave central es más alta que las laterales y recibe iluminación directa a través de las ventanas; también tienen iluminación directa las naves laterales. Están cubiertas con bóveda cañón, aunque las laterales suelen estar, con más frecuencia, cubiertas con bóvedas de arista, como sería en este caso. Corresponde al alzado de san Isidoro de León.
En el ejemplo C las naves laterales tienen dos pisos. El piso de abajo iría cubierto con bóveda da arista. El piso superior tiene una bóveda de cuarto de cañón. Se forma así la galería, que además de llevar las fuerzas de la nave central hacia los lados, origina un amplio espacio últil para poder ser utilizado. La nave central no tiene iluminación directa. Es el ejemplo de la catedral de Santiago de Compostela.

 *********************

 Obra: Cortes en alzado de igrexas románicas
Data: Séculos XI e XII
Estilo: Románico

Estes son diversos esquemas construtivos que se usan no románico; pero non son os únicos. Os tres son de igrexas de tres naves separadas por piares compostos.
No exemplo A as naves laterais son un pouco máis baixas que a central. As tres estarían cubertas con bóvedas de canón. A iluminación da nave central é indirecta, a través de luz que chega das naves laterais, que si teñen iluminación directa. É o modelo que segue san Martiño de Frómista.
No exemplo B, a nave central é máis alta que as laterais e recibe iluminación directa a través das fiestras; tamén teñen iluminación directa as naves laterais. Están cubertas con bóveda de canón, aínda que as laterais adoitan estar, con máis frecuencia, cubertas con bóvedas de aresta, como sería neste caso. Corresponde ao alzado de santo Isidoro de León.
No exemplo C as naves laterais teñen dous pisos. O piso de abaixo iría cuberto con bóveda de aresta. O piso superior ten unha bóveda de cuarto de canón. Fórmase así a galería, que ademais de levar as forzas da nave central cara aos lados, orixina un amplo espazo útil para poder ser utilizado. A nave central non ten iluminación directa. É o exemplo da catedral de Santiago de Compostela


domingo, 27 de diciembre de 2009

Pórtico de la Gloria



Obra: Pórtico de la Gloria (Santiago de Compostela). Esquema.
Autor: Maestro Mateo
Fecha: Finales del siglo XII. Terminado en 1188,
Estilo: Románico
Técnica: Piedra policromada

Con el pórtico de la Gloria (puerta oeste) se remata la parte escultórica más importante de la catedral románica de Santiago de Compostela. Fue realizado por el maestro Mateo y su equipo (obradoiro) entre 1168 y 1188. Esta fecha está en el dintel del pórtico.
Si en la puerta norte (Azabachería) se relataba la creación del mundo, del hombre, y la infidelidad de éste a Dios, en la portada sur (Platerías) aparecía el cumplimiento de la promesa de salvación hecha en el paraíso: Cristo, en su doble naturaleza divina (tema de la Epifanía) y humana, (escenas de la Pasión) viene a salvar al hombre del pecado y de la muerte. Ahora, en esta portada, llega el desenlace lógico: Cristo, que ha muerto por los hombres, viene a juzgar a la humanidad.
El pórtico, de tres arcadas montadas sobre pilares en cuyos fustes hay figuras de profetas y apóstoles, está presidido por la figura de Cristo resucitado en el centro del tímpano. A su lado están las cuatro figuras de los evangelistas (Mateo, Marcos, Lucas y Juan), grupo conocido como tetramorfos. Encima del dintel hay ángeles con instrumentos de la Pasión. A derecha e izquierda de Cristo, se encuentran unas figuras pequeñas que representan a las innumerables almas de los salvados. Rodeando al tímpano están los 24 ancianos de que habla el Apocalipsis, cada uno con un instrumento musical, excepto los dos del centro, que tocan un único instrumento entre los dos.
En la portada de la izquierda está representado el Antiguo Testamento, con figuras humanas aprisionadas por la ley (un grueso toro).
En la portada de la derecha se sitúa el juicio que está presidido por las cabezas de Cristo y san Miguel, situadas en las piedras clave de los arcos. Estas figuras separan, a nuestra izquierda, a las almas, como figuras humanas pequeñitas, de los salvados que son llevados por ángeles al tímpano central, y a nuestra derecha, figuras de condenados.
El conjunto estaba policromado, pero se repintó en el XVII; y en el XIX se hizo un vaciado en yeso que quitó parte de las pinturas. En su origen el pórtico estaba abierto, pero al construirse la actual fachada del Obradoiro en el XVIII, parte del pórtico se derribó, y sus esculturas están en el museo.
Es una obra cumbre del románico en escultura. Por su proximidad al siglo XIII, presenta ya algunos rasgos pregóticos, tanto en la arquitectura como en la escultura.
No debemos olvidar que la escultura románica es, en gran parte, monumental. También conviene recordar el carácter didáctico de estas esculturas; el pueblo debía conocer los misterios cristianos y para ello nada mejor que este tipo de esculturas (Biblia en piedra).

*********************


Obra: Pórtico da Gloria (Santiago de Compostela). Esquema.
Autor: Mestre Mateu
Data: Finais do século XII. Rematado en 1188
Estilo: Románico
Técnica: Pedra policromada
 


Co pórtico da Gloria (porta oeste) remátase a parte escultórica máis importante da catedral románica de Santiago de Compostela. Foi realizado polo mestre Mateu e o seu equipo (obradoiro) entre 1168 e 1188. Esta data está no lintel do pórtico.
Se na porta norte (Acibechería) se relataba a creación do mundo, do home, e a infidelidade deste a Deus, na portada sur(Praterías) aparecía o cumprimento da promesa de salvación feita no paraíso: Cristo, na súa dobre natureza divina (tema da Epifanía) e humana, (escenas da Paixón) vén salvar o home do pecado e da morte. Agora, nesta portada, chega o desenlace lóxico: Cristo, que morreu polos homes, vén xulgar a humanidade.
O pórtico, de tres arcadas montadas sobre alicerces en cuxos fustes hai figuras de profetas e apóstolos, está presidido pola figura de Cristo resucitado no centro do tímpano. Ao seu lado están as catro figuras dos evanxelistas (Mateu, Marcos, Lucas e Xoán), grupo coñecido como tetramorfos. Encima do lintel hai anxos con instrumentos da Paixón. Á dereita e esquerda de Cristo, atópanse unhas figuras pequenas que representan ás innumerables almas dos salvados. Rodeando o tímpano están os 24 anciáns de que fala a Apocalipse, cada un cun instrumento musical, agás os dous do centro, que tocan un único instrumento entre os dous.
Na portada da esquerda está representado o Antigo Testamento, con figuras humanas apreixadas pola lei (un groso touro).
Na portada da dereita sitúase o xuízo que está presidido polas cabezas de Cristo e san Miguel, situadas nas pedras clave dos arcos. Estas figuras separan, á nosa esquerda, as almas, como figuras humanas pequeniñas, dos salvados que son levados por anxos ao tímpano central, e á nosa dereita, figuras de condenados.
O conxunto estaba policromado, pero repintouse no XVII; e no XIX fíxose un baleirado en xeso que quitou parte das pinturas. Na súa orixe o pórtico estaba aberto, pero ao construírse a actual fachada do Obradoiro no XVIII, parte do pórtico derribouse, e as súas esculturas están no museo.

É unha obra cume do románico na escultura. Pola súa proximidade ao século XIII, presenta xa algúns trazos pregóticos, tanto na arquitectura como na escultura.
Non debemos esquecer que a escultura románica é, en gran parte, monumental. Tamén convén recordar o carácter didáctico destas esculturas; o pobo debía coñecer os misterios cristiáns e para iso nada mellor que este tipo de esculturas (Biblia en pedra).

sábado, 26 de diciembre de 2009

San Isidoro (León)



Obra: San Isidoro de León
Autor: Anónimo
Fecha: El Panteón, del siglo XI; la iglesia del XII
Estilo: Románico

La planta de San Isidoro es basilical, en forma de cruz latina, con un crucero marcado en planta y en alzado.
Tiene tres naves, la central más ancha que las laterales, y tres ábsides que se abren al crucero. El ábside central es mayor que los laterales.
Las naves están separadas por pilares compuestos sobre los que se apoyan los arcos fajones y formeros. La nave central está cubierta con bóveda de cañón sujetada por los arcos fajones. Las naves laterales están cubiertas con bóveda de arista. El transepto, de una sola nave, está también cubierto con bóveda de cañón. En el crucero presenta el cimborrio típicamente español. Tiene tres puertas.
A los pies de la iglesia se encuentra el panteón de los reyes de León, con nueve bóvedas baídas en las que hay excelentes pinturas románicas. La imposibilidad de abrir una puerta a los pies de la iglesia, donde se encuentra el panteón, ha originado una puerta lateral en la iglesia, algo poco frecuente en el románico.

 *********************

Obra: Santo Isidoro de León
Autor: Anónimo
Data: O Panteón, do século XI; a igrexa do XII
Estilo: Románico

A planta de Santo Isidoro é basilical, en forma de cruz latina, cun cruceiro marcado en planta e en alzado.
Ten tres naves, a central máis ancha que as laterais, e tres ábsidas que se abren ao cruceiro. A ábsida central é maior que as laterais.
As naves están separadas por piares compostos sobre os que se apoian os arcos faixóns e formeiros. A nave central está cuberta con bóveda de canón suxeitada polos arcos faixóns. As naves laterais están cubertas con bóveda de aresta. O transepto, dunha soa nave, está tamén cuberto con bóveda de canón. No cruceiro presenta o ciborio tipicamente español. Ten tres portas.
Aos pés da igrexa atópase o panteón dos reis de León, con nove bóvedas vaídas nas que hai excelentes pinturas románicas. A imposibilidade de abrir unha porta aos pés da igrexa, onde se encontra o panteón, orixinou unha porta lateral na igrexa, algo pouco frecuente no románico.