jueves, 27 de octubre de 2011

Colegiata de santa Juliana



Obra: Colegiata de santa Juliana (Santillana del Mar. Cantabria)
Fecha: Entre la segunda mitad de XI y la primera mitad del XII
Estilo: Románico
Material: Piedra

El esquema constructivo presenta una iglesia de planta basilical orientada hacia el este con tres naves y transepto. Los brazos de este no sobresalen de los muros laterales por lo que no se aprecian desde el exterior, pero sí en la vista aérea. La nave central es de mayor anchura que las laterales e igual a la del transepto. De esta manera, el crucero presenta planta cuadrada.
Tiene tres ábsides semicirculares escalonados que se abren directamente al crucero. 
Posee un cimborrio cuadrado sobre el crucero con dos niveles que tienen en su nivel inferior ventanales y óculos alternando en sus caras. En el nivel superior hay galería de arquillos pareados decorados de columnillas y capiteles.
Una pequeña torre cilíndrica completa la parte de la basílica. A los pies de la nave principal se levantó una torre campanario de planta cuadrada que al exterior es de similar aspecto que la que se yergue sobre el crucero, dando una imagen de simetría a quien observa la iglesia desde la fachada meridional. Es un añadido posterior que posiblemente anuló la puerta oeste del templo, posiblemente con muy buena decoración, a juzgar por el pantocrátor y otros restos que se encuentran hoy en el lugar.
Se completa el conjunto con el claustro adosado, único en Cantabria, en el lado norte del siglo XII y comienzos del XIII. El ala este es del siglo XVI y no sigue ya las directrices románicas.
En sus orígenes constituyó un monasterio benedictino. A partir del siglo XI se instaló una comunidad de canónigos de san Agustín y pasó a ser colegiata. Fue un momento de crecimiento apoyado en la ayuda de la nobleza, pasando a ser el templo más importante de Cantabria. 
Este monasterio de Santillana del Mar tuvo su origen, posiblemente, en los primeros años de la repoblación o a lo largo del siglo IX. Las semejanzas de esta construcción con las de san Isidoro de León o de san Martín de Frómista hacen pensar que se habría construido entre mediados del siglo XI y la mitad del XII. Tal vez fuera en tiempos de Fernando I, primer rey de Castilla, que concede en 1045 un fuero a la abadía. Lo más interesante de esta construcción es el capítulo escultórico que se encuentra en el claustro.
Con diversas reformas y añadidos, se ha mantenido bastante bien hasta nuestros días. La fachada sur de la colegiata sufrió reformas en los siglos XVII y XVIII que enmascaran su original aspecto. Una galería de quince arquillos se superpuso a la nave sur; también se colocó un frontón renacentista que corona el cuerpo avanzado que contiene la portada. La sacristía oculta buena parte del brazo sur del crucero. A pesar de todo, el equilibro entre formas y estilo hace que no sea difícil hacerse una idea de cómo fue este templo en sus orígenes.

 *****************

Obra: Colexiata de santa Xuliana (Santillana do Mar - Cantabria)
Data: Entre a segunda metade de XI e a primeira metade do XII
Estilo: Románico
Material: Pedra

O esquema construtivo presenta unha igrexa de planta basilical orientada cara ao leste con tres naves e transepto. Os brazos deste non sobresaen dos muros laterais polo que non se aprecian desde o exterior, pero si na vista aérea. A nave central é de maior anchura que as laterais e igual á do transepto. Deste xeito, o cruceiro presenta planta cadrada.
Ten tres ábsidas semicirculares graduadas que se abren directamente ao cruceiro. Posúe un ciborio cadrado sobre o cruceiro con dous niveis que teñen no seu nivel inferior ventás e “óculos” alternando nas súas caras. No nivel superior hai galería de arquiños por pares decorados de columniñas e capiteis.
Unha pequena torre cilíndrica completa a parte da basílica. Aos pés da nave principal levantouse unha torre campanario de planta cadrada que ao exterior é de similar aspecto que a que se ergue sobre o cruceiro, dando unha imaxe de simetría a quen observa a igrexa desde a fachada meridional. É un engadido posterior que posiblemente anulou a porta oeste do templo, posiblemente con moi boa decoración, a xulgar polo pantocrátor e outros restos que se atopan hoxe no lugar.
 Complétase o conxunto co claustro encostado, un claustro único en Cantabria, no lado norte, do século XII e comezos do XIII. A ala este é do século XVI e non segue xa as directrices románicas
 Nas súas orixes constituíu un mosteiro bieito. A partir do século XI instalouse unha comunidade de cóengos de santo Agostiño e pasou a ser colexiata. Foi un momento de crecemento apoiado na axuda da nobreza, pasando a ser o templo máis importante de Cantabria. Este mosteiro de Santillana do Mar tivo a súa orixe, posiblemente, nos primeiros anos da repoboación ou ao longo do século IX. As semellanzas desta construción coas de santo Isidoro de León ou de san Martiño de Frómista fan pensar que se construíu entre mediados do século XI e a metade do XII. Talvez fora en tempos de Fernando I, primeiro rei de Castela, que concede en 1045 un foro á abadía. O máis interesante desta construción é o capítulo escultórico que se atopa no claustro.
 Con diversas reformas e engadidos, mantívose bastante ben ata os nosos días. A fachada sur da colexiata sufriu reformas nos séculos XVII e XVIII que enmascaran o seu orixinal aspecto. Unha galería de quince arquiños superpúxose á nave sur; tamén se colocou un frontón renacentista que coroa o corpo avanzado que contén a portada. A sancristía oculta boa parte do brazo sur do cruceiro. Malia todo, o equilibro entre formas e estilo fai que non sexa difícil facerse unha idea de como foi este templo nas súas orixes.

No hay comentarios: