domingo, 6 de noviembre de 2011

Panteón de Roma


Obra: Planta del Panteón (Roma)
Autor: Apolodoro de Damasco?
Fecha: Reconstruido entre el 123 y 125 d.C.
Estilo: Romano


La planta de este templo presenta un esquema innovador dentro de las construcciones de tipo religioso romano.
El pórtico de entrada es tan grande que se convierte en un pronaos propio de un templo clásico rectangular greco-romano. La cella, sin embargo, es una amplia rotonda circular, más propia de un tholos griego.
Es octástilo pues presenta ocho columnas en la fachada; además tiene cuatro columnas en los lados laterales. Se accede a su interior subiendo cinco escalones. Dado el carácter de este pronaos, podemos suponer que sus elementos sustentantes serán los característicos: sobre las columnas se levantaría el elemento sustentado con entablamento (arquitrabe, friso y cornisa) así como el frontón con su tímpano correspondiente. El tejado sería a dos aguas. En la unión de estas dos partes se encuentra una estructura prismática intermedia a modo de machones que sirve de elemento de unión entre ambas estructuras.
La cúpula es un hito constructivo, tanto por sus dimensiones (su diámetro es de 43,44 metros) como por su peso. Es la más grande construida hasta entonces. Se asienta sobre un grueso anillo mural realizado en hormigón (cal, cascotes y fragmentos de ladrillo con agua). Aunque por el exterior este muro parece un cilindro homogéneo, su estructura consta de enormes pilones y entre ellos encontramos arcos de descarga, que sirven para transmitir el peso de la cúpula precisamente a los pilones, auténticos soportes de aquella. Este sistema explica la ausencia de contrafuertes exteriores. Pero también explica que se permitieran la licencia de abrir en el muro, hacia el interior, con siete exedras (capillas), más la puerta de acceso entre los pilones. La cúpula propiamente dicha, para reducir su peso consta de dos paredes rellenas de materiales de menos peso, como escoria volcánica, cerámica y ladrillos grandes colocados en líneas concéntricas para una mejor trabazón. Otro medio parar reducir su peso fue disminuir su grosor en altura, de tal forma que en su parte inferior mide 6 metros y en el nivel del óculo sólo tiene 1,5 metros de espesor. El modelo de espacio circular cubierto por una bóveda se había utilizado por la misma época en las grandes salas termales, pero era una novedad usarlo en un templo. El efecto de sorpresa al cruzar el umbral de la puerta debía ser notable.
Aunque hubo en este lugar un templo de tiempos de Agripa en el que se debían colocar los diferentes dioses que había en Roma, tras varias vicisitudes, el templo fue reconstruido completamente en tiempos de Adriano. Por las marcas encontradas en los ladrillos se sabe que fue construido entre el 123 y 125 d.C. El proyecto se suele atribuir a Apolodoro de Damasco, el arquitecto oficial de Trajano, aunque no se sabe con seguridad. Este artista, o el que lo hiciera, supo aunar con brillantez la tradición helenística y las concepciones típicamente romanas.
El Panteón fue en origen un templo consagrado a las siete divinidades celestes de la mitología romana: el Sol, la Luna, y los cinco planetas (Mercurio, Venus, Marte, Júpiter y Saturno). Cada uno de ellos tenía asignado uno de las siete capillas del interior. Además, la propia sala circular era una esfera perfecta, representación de la concepción cosmogónica de Platón. Para este filósofo clásico el círculo es la forma perfecta que no tiene principio ni fin y por tanto, el símbolo del universo.
El edificio estaba concebido para unir al hombre con la divinidad (el óculo central de la cúpula comunica el mundo terrenal con el cielo), pero sobre todo al emperador, que era proclamado un dios a los ojos del pueblo. Pero a la función religiosa hay que añadir también la política; su magnificencia se convertía en un testimonio del poder y la gloria de Roma.

*************************
A planta deste templo presenta un esquema innovador dentro das construcións de tipo relixioso romano.
 O pórtico de entrada é tan grande que se converte nun pronaos propio dun templo clásico rectangular greco-romano. A cella, con todo, é unha ampla rotonda circular, máis propia dun tholos grego.
É octástilo, pois presenta oito columnas na fachada; ademais ten catro columnas nos lados laterais. Accédese ao seu interior subindo cinco chanzos. Dado o carácter deste pronaos, podemos supor que os seus elementos sustentantes serán os característicos: sobre as columnas levantaríase o elemento sustentado con entaboamento (arquitrabe, friso e cornixa) así como o frontón co seu tímpano correspondente. O tellado sería a dúas augas. Na unión destas dúas partes atópase unha estrutura prismática intermedia a modo de machóns que serve de elemento de unión entre ambas as estruturas. 
A cúpula é un fito construtivo, tanto polas súas dimensións (o seu diámetro é de 43,44 metros) como polo seu peso. É a máis grande construída ata entón. Aséntase sobre un groso anel mural realizado en formigón (cal, cascotes e fragmentos de ladrillo con auga). Aínda que polo exterior este muro parece un cilindro homoxéneo, a súa estrutura consta de enormes piares e entre eles atopamos arcos de descarga, que serven para transmitir o peso da cúpula precisamente aos piares, auténticos soportes daquela. Este sistema explica a ausencia de contrafortes exteriores. Pero tamén explica que se permitisen a licenza de abrir no muro, cara ao interior, as sete exedras (capelas), máis a porta de acceso entre os piares. A cúpula propiamente dita, para reducir o seu peso consta de dúas paredes recheas de materiais de menos peso, como escoura volcánica, cerámica e ladrillos grandes colocados en liñas concéntricas para unha mellor ligazón. Outro medio para reducir o seu peso foi diminuír o seu grosor en altura, de tal forma que na súa parte inferior mide 6 metros e no nivel do óculo só ten 1,5 metros de espesor. O modelo de espazo circular cuberto por unha bóveda utilizouse pola mesma época nas grandes salas termais, pero era unha novidade usalo nun templo. O efecto de sorpresa ao cruzar o limiar da porta debía ser notable.
Aínda que houbo neste lugar un templo de tempos de Agripa no que se debían colocar os diferentes deuses que había en Roma, tras varias vicisitudes, o templo foi reconstruído completamente en tempos de Adriano. Polas marcas atopadas nos ladrillos sábese que foi construído entre o 123 e 125 d.C. O proxecto adóitase atribuír a Apolodoro de Damasco, o arquitecto oficial de Traxano, aínda que non se sabe con seguridade. Este artista, ou o que o fixese, soubo axuntar con brillantez a tradición helenística e as concepcións tipicamente romanas.
O Panteón foi en orixe un templo consagrado ás sete divindades celestes da mitoloxía romana: o Sol, a Lúa, e os cinco planetas (Mercurio, Venus, Marte, Xúpiter e Saturno). Cada un deles tiña asignado unha das sete capelas do interior. Ademais, a propia sala circular era unha esfera perfecta, representación da concepción cosmogónica de Platón. Para este filósofo clásico o círculo é a forma perfecta que non ten principio nin fin e xa que logo, o símbolo do universo.
 O edificio estaba concibido para unir ao home coa divindade (o óculo central da cúpula comunica o mundo terreal co ceo), pero, sobre todo, co emperador, que era proclamado un deus aos ollos do pobo. Pero á función relixiosa hai que engadir, tamén, a política; a súa magnificencia convertíase nun testemuño do poder e a gloria de Roma.

No hay comentarios: