martes, 25 de octubre de 2011

Palladio: Villa Capra


Obra: Villa Capra o La Rotonda
Autor: Andrea Palladio (1508-1580)
Fecha: XVI, segunda mitad
Estilo: Manierismo

Villa Capra (también Villa Rotonda) es una villa campestre diseñada por Palladio para el sacerdote y conde Paolo Almerico. Está situada en las afueras de la ciudad de Vicenza (Italia). El nombre Capra deriva del apellido de dos hermanos que completaron el edificio a partir de 1591.
Esta casa se convertirá en un prototipo arquitectónico, estudiado e imitado durante los siguientes cinco siglos. Pero ella misma tiene sus antecedentes en el mundo clásico (templo romano, Panteón).
Para llegar a entender el significado de esta obra hay que mirar un poco hacia atrás. Aunque la villa (casa de campo para entendernos) no es un invento tipológico romano, pues ya existían en forma más o menos rudimentaria en Egipto, Babilonia y Persia, sí se debió a Roma su difusión y desarrollo. Para Vitrubio la casa suburbana era un complejo que constaban de dos partes: la de servicio a la agricultura (apriscos, almazaras, despensas, almacenes, etc.), zona necesaria e imprescindible; y la de residencia, para cuyos locales recomienda seguir las indicaciones dadas para los edificios de la ciudad.
En la segunda mitad del siglo XV reaparece en Italia un tipo nuevo de arquitectura suburbana surgido como una interpretación clásica de tipologías existentes, y en las que se recuperaban los conceptos y teorías de Vitrubio y Plinio sobre las casas y villas. La villa Medici en Poggio a Caiano, construida por Giuliano da Sangallo para Lorenzo el Magnífico, es el primer intento de recuperación de la villa de los antiguos romanos a partir de las descripciones clásicas y en la que ya están presentan los planteamientos vitrubianos: servir de residencia del propietario y de sitio donde desarrollar la actividad agrícola. Alberti en su De Re Aedificatoria (1485) ya se ocupó de la villa asumiéndola según la interpretación vitruviana. Serlio, arquitecto manierista del XVI, también dedicó varias páginas de su Trattato a las villas. Estas construcciones, y otras más que se realizan a lo largo del XVI, se caracterizan por hechos que preludian algunas de las soluciones de Palladio: la simetría axial, que se hace incluso más patente con la duplicación de las escaleras; la aparición de un gran salón central con cierta tendencia a convertirse en rotonda; y, finalmente, la nitidez cúbica de los volúmenes proyectados.
Palladio en I Quattro Libri dell' Architettura (1570), sobre todo en el Libro II que trata sobre la casa privada en la ciudad y en el campo (villa), entiende que la villa se compone de dos clases de edificios, aceptando la doble función señalada por Vitruvio; sin embargo añade como nueva idea la concepción unitaria de la villa, ya que la parte dedicada a menesteres agrícolas debe formar un conjunto con la casa del señor. El resto de las consideraciones son análogas a las de Alberti, tanto las referentes a la elección del sitio, como a la ubicación de los distintos locales. La Rotonda, o villa Capra, presenta un nuevo tipo de villa basado en la centralidad de la planta, cubierta con una cúpula central, en cuyas cuatro caras superpuso cuatro pronaos iguales alzando toda la construcción sobre un podium que la convierte en la primera villa-templo de la historia. Es un edificio cuadrado, completamente simétrico e inscripto en un círculo perfecto. Describir la villa como "Rotonda" (redonda) es técnicamente incorrecto, ya que la planta del edificio no es circular, sino que puede ser definida como la superposición de un cuadrado y una cruz griega.
Cada una de las cuatro fachadas presenta un volumen avanzado con una galería, (loggia) a la que se accede mediante amplias escalinatas externas (podium). Cada galería está enfatizada por su pronaos, todos iguales, hexástilo y de orden jónico. Sobre el entablamento clásico (arquitrabe, friso y cornisa) levanta el frontón decorado con esculturas que representan divinidades griegas clásicas. Cada logia está flanqueada por una ventana simple.
Cada uno de los cuatro ingresos principales, después de atravesar un corto pasillo o corredor, conduce a la sala central, cubierta por una cúpula, centro neurálgico de la composición, a la que Palladio imprime fuerza centrífuga y vinculación con el exterior mediante los cuatro pronaos jónicos y las cuatro escalinatas.
La villa resulta así en una arquitectura abierta, relacionada con la ciudad y el campo circundante. La decoración usada es clásica y fundamentalmente arquitectónica compuesta por cornisas, frontones, óculos... Hasta las propias esculturas acroteras se adaptan al ritmo de proporciones, continuando los ejes ya creados por las columnas. En general, predomina lo estructural, con un muro poco articulado, en donde se busca las cualidades volumétricas y sus relaciones.
Palladio pensó cubrir la sala central con una cúpula semiesférica, pero, a su muerte, Scamozzi proyectó una cúpula más baja, con un óculo (que debía ser a cielo abierto) inspirándose en el Panteón romano, pero que terminó siendo una linterna. La influencia de Palladio fue muy importante en Inglaterra y, a través de ella, en los Estados Unidos, lugar en el que el neopalladianismo perdura hasta casi los años finales del siglo XIX, especialmente en las casas señoriales del sur.


*******************************


Obra: Vila Capra ou A Rotonda
Autor: Andrea Palladio (1508-1580)
Data: XVI, segunda metade
Estilo: Manierismo

Vila Capra (tamén Vila Rotonda) é unha vila campestre deseñada por Palladio para o sacerdote e conde Paolo Almerico. Está situada nos arredores da cidade de Vicenza (Italia). O nome Capra deriva do apelido de dous irmáns que completaron o edificio a partir de 1591.
Esta casa converterase nun prototipo arquitectónico, estudado e imitado durante os seguintes cinco séculos. Pero ela mesma ten os seus antecedentes no mundo clásico (templo romano, Panteón).
Para chegar a entender o significado desta obra hai que mirar un pouco cara atrás. Aínda que a vila (casa de campo para entendernos) non é un invento tipolóxico romano, pois xa existían en forma máis ou menos rudimentaria en Exipto, Babilonia e Persia, si se debeu a Roma a súa difusión e desenvolvemento. Para Vitrubio a casa suburbana era un complexo que constaba de dúas partes: a de servizo á agricultura (curros, muíño aceiteiro, despensas, almacéns, etc.), zona necesaria e imprescindible; e a de residencia, para cuxos locais recomenda seguir as indicacións dadas para os edificios da cidade.
Na segunda metade do século XV reaparece en Italia un tipo novo de arquitectura suburbana xurdido como unha interpretación clásica de tipoloxías existentes, e nas que se recuperaban os conceptos e teorías de Vitrubio e Plinio sobre as casas e vilas. A vila Medici en Poggio a Caiano, construída por Giuliano da Sangallo para Lorenzo o Magnífico, é o primeiro intento de recuperación da vila dos antigos romanos a partir das descricións clásicas e na que xa están presentes as formulacións vitrubianas: servir de residencia do propietario e de sitio onde desenvolver a actividade agrícola. Alberti no seu De Re Aedificatoria (1485) xa se ocupou da vila asumíndoa segundo a interpretación vitrubiana. Serlio, arquitecto manierista do XVI, tamén dedicou varias páxinas do seu Trattato ás vilas. Estas construcións, e outras máis que se realizan ao longo do XVI, caracterízanse por feitos que preludian algunhas das solucións de Palladio: a simetría axial, que se fai ata máis patente coa duplicación das escaleiras; a aparición dun gran salón central con certa tendencia a converterse en rotonda; e, finalmente, a nitidez cúbica dos volumes proxectados.
Palladio en I Quattro Libri dell' Architettura (1570), sobre todo no Libro II que trata sobre a casa privada na cidade e no campo (vila), entende que a vila se compón de dúas clases de edificios, aceptando a dobre función sinalada por Vitrubio; con todo engade como nova idea a concepción unitaria da vila, xa que a parte dedicada a mesteres agrícolas debe formar un conxunto coa casa do señor. O resto das consideracións son análogas ás de Alberti, tanto as referentes á elección do sitio, como á situación dos distintos locais. A Rotonda, ou vila Capra, presenta un novo tipo de vila baseado na centralidade da planta, cuberta cunha cúpula central, en cuxas catro caras superpuxo catro pronaos iguais alzando toda a construción sobre un podium que a converte na primeira vila-templo da historia. É un edificio cadrado, completamente simétrico e inscrito nun círculo perfecto. Describir a vila como "Rotonda" (redonda) é tecnicamente incorrecto, xa que a planta do edificio non é circular, senón que pode ser definida como a superposición dun cadrado e unha cruz grega.
Cada unha das catro fachadas presenta un volume avanzado cunha galería, (loggia) á que se accede mediante amplas escalinatas externas (podium). Cada galería está salientada polo seu pronaos, todos iguais, hexástilo e de orde xónica. Sobre o entaboamento clásico (arquitrabe, friso e cornixa) levanta o frontón decorado con esculturas que representan divindades gregas clásicas. Cada galería está flanqueada por unha ventá simple.
Cada un dos catro ingresos principais, logo de atravesar un curto corredor, conduce á sala central, cuberta por unha cúpula, centro neurálxico da composición, á que Palladio imprime forza centrífuga e vinculación co exterior mediante os catro pronaos xónicos e as catro escalinatas.
A vila resulta así nunha arquitectura aberta, relacionada coa cidade e o campo circundante. A decoración usada é clásica e fundamentalmente arquitectónica composta por cornixas, frontóns, óculos... Ata as propias esculturas acroteras adáptanse ao ritmo de proporcións, continuando os eixes xa creados polas columnas. En xeral, predomina o estrutural, cun muro pouco articulado, onde se buscan as calidades volumétricas e as súas relacións.
Palladio pensou cubrir a sala central cunha cúpula semiesférica, pero, á súa morte, Scamozzi proxectou unha cúpula máis baixa, cun óculo (que debía ser ao descuberto) inspirándose no Panteón romano, pero que terminou sendo unha lanterna. A influencia de Palladio foi moi importante en Inglaterra e, a través dela, nos Estados Unidos, lugar no que o neopalladianismo perdura ata case os anos finais do século XIX, especialmente nas casas señoriais do sur.

No hay comentarios: