sábado, 9 de enero de 2010

San Isidoro (León)


Obra: Nave central de San Isidoro (León)
Autor: Anónimo
Fecha: Siglo XII
Estilo: Románico
Técnica: Piedra de sillería

San Isidoro es una iglesia de planta basilical con tres naves. Vemos la nave central, que es más alta que las laterales. Posee seis tramos antes de llegar al crucero.
Tiene pilares compuestos cruciformes con semicolumnas adosadas como elementos de soporte.
Sobre ellos se levantan los arcos formeros que separan la alta nave central de la lateral. Estos arcos son de medio punto peraltados y doblados. Es un antecedente de lo que se hará en la catedral de Santiago de Compostela.
Sobre esos arcos se abren unas ventanas que dan iluminación interior al edificio.
Como elemento sustentado tenemos una bóveda de cañón con arcos fajones que también son doblados. Estos arcos, además de sujetar la bóveda (solución técnica), dividen la bóveda en tramos armoniosos (solución estética). Es, por tanto, un esquema bipartito de construcción: arcada y sobre ella las ventanas.
Esta iglesia ha sufrido modificaciones, como el coro, que ya se aprecia que no es de esta época; se hizo en el siglo XV.

  **************************

Obra: Nave central de Santo Isidoro (León)
Autor: Anónimo
Data: Século XII
Estilo: Románico
Técnica: Pedra de cantaría

Santo Isidoro é unha igrexa de planta basilical con tres naves. Vemos a nave central, que é máis alta que as laterais. Posúe seis tramos antes de chegar ao cruceiro.
Ten piares compostos cruciformes con semicolumnas encostadas como elementos de soporte.
Sobre eles levántanse os arcos formeiros que separan a alta nave central da lateral. Estes arcos son de medio punto peraltados e dobrados. É un antecedente do que se fará na catedral de Santiago de Compostela.
Sobre eses arcos ábrense unhas fiestras que dan iluminación interior ao edificio.
Como elemento sustentado temos unha bóveda de canón con arcos faixóns que tamén son dobrados. Estes arcos, ademais de suxeitar a bóveda (solución técnica), dividen a bóveda en tramos harmoniosos (solución estética). É, xa que logo, un esquema bipartito de construción: arcada e sobre ela as fiestras
Esta igrexa sufriu modificacións, como  a do coro, que xa se aprecia que non é desta época; fíxose no século XV.

No hay comentarios: