domingo, 10 de agosto de 2008

San Martín de Frómista



Obra: Iglesia de San Martín de Frómista (Palencia)
Autor: Desconocido
Fecha: Siglo XI
Estilo: Románico
Material: Piedra de sillería

Esta iglesia es una de las obras más representativas del románico español. Sigue el modelo de la catedral de Jaca. La obra fue realizada toda ella seguida, como se nota en la coherencia de sus volúmenes exteriores.
Su datación presenta discusión; hay quien la sitúa hacia 1066 y otros hacia 1100. Fue un monasterio del que únicamente queda la iglesia, que fue muy restaurada, tal vez demasiado, a finales del XIX y comienzos del XX. Al estar aislada de cualquier edificio anejo, presenta unos volúmenes geométricos muy precisos al exterior, como en pocas construcciones románicas se puede observar. Toda la construcción está trabajada en piedra de sillería. Los sillares están perfectamente escuadrados. Los muros son sólidos y predominan sobre los vanos, pocos y no muy grandes.
Tiene una planta basilical con forma de cruz latina. Posee tres naves con crucero que no desborda en planta pero sí en alzado. La nave central es más alta lo mismo que su cabecera correspondiente. A cada nave se abre un ábside semicircular, con ventanas abocinadas de arcos de medio punto con gruesas arquivoltas. Los cilindros de los ábsides tienen el muro articulado por columnas adosadas que se levantan hasta el alero del tejado y que embellecen el conjunto. El cilindro del ábside central está dividido en tres partes, y los laterales, en dos.
En el crucero presenta un cimborrio octogonal, muy usado en el románico español. En cuatro de sus lados muestra una ventana semejante a las demás del edificio. De donde están las trompas surge una columna que termina en su correspondiente capitel.
A los pies presenta dos torres cilíndricas.
Presenta una decoración, que recorre todo el edificio, en forma de taqueado del tipo de Jaca. En los aleros del tejado hay canecillos de diferentes tipos.
La iglesia es el único elemento conservado del monasterio benedictino fundado por doña Mayor, viuda de Sancho III el Mayor, rey de Navarra, y madre de Fernando I, rey de Castilla.
El románico penetra el románico en la Península por dos zonas. Una llega a Cataluña desde Italia, donde se desarrolla al conocido como románico catalán. La otra vía de penetración es el Camino de Santiago, es de influencia francesa y llega de manos de los monjes benedictinos (monjes de hábito negro) de la abadía de Cluny. Tras la conquista de Toledo (1085) por Alfonso VI, la paz se había asegurado en el norte peninsular. Este camino es la vía medieval de difusión del románico y a lo largo de su recorrido encontramos, además de san Martín, obras como: la catedral de Jaca, el monasterio de Silos, la colegiata de san Isidoro de León y la catedral de Santiago de Compostela.

***********

Obra: Igrexa de San Martiño de Frómista (Palencia)
Autor: Descoñecido
Data: Século XI
Estilo: Románico
Material: Pedra de cantaría

Esta igrexa é unha das obras máis representativas do románico español. Segue o modelo da catedral de Jaca. A obra foi realizada toda ela seguida, como se nota na coherencia dos seus volumes exteriores.
A súa datación presenta discusión; hai quen a sitúa cara a 1066 e outros cara a 1100. Foi un mosteiro do que unicamente queda a igrexa, que foi moi restaurada, talvez demasiado, a finais do XIX e comezos do XX. Ao estar illada de calquera edificio antigo, presenta uns volumes xeométricos moi precisos ao exterior, como en poucas construcións románicas se pode observar. Toda a construción está traballada en pedra de cantaría. Os sillares están perfectamente escuadrados. Os muros son sólidos e predominan sobre os vans, poucos e non moi grandes.
Ten unha planta basilical con forma de cruz latina. Posúe tres naves con cruceiro que non desborda en planta pero si en alzado. A nave central é máis alta o mesmo que a súa cabeceira correspondente. A cada nave ábrese unha ábsida semicircular, con fiestras abucinadas de arcos de medio punto con grosas arquivoltas. Os cilindros das ábsidas teñen o muro articulado por columnas encostadas que se levantan ata o beirado do tellado e que embelecen o conxunto. O cilindro da ábsida central está dividido en tres partes, e os laterais, en dúas.
No cruceiro presenta un ciborio octogonal, moi usado no románico español. En catro dos seus lados mostra unha fiestra semellante ás demais do edificio. De onde están as trompas xorde unha columna que termina no seu correspondente capitel.
Aos pés presenta dúas torres cilíndricas.
Presenta unha decoración, que percorre todo o edificio, en forma de taqueado do tipo de Jaca. Nos beirados do tellado hai canzorros de diferentes tipos.
A igrexa é o único elemento conservado do mosteiro beneditino fundado por dona Maior, viúva de Sancho III o Maior, rei de Navarra, e nai de Fernando I, rei de Castela.
O románico penetra na Península por dúas zonas. Unha chega desde Italia a Cataluña, onde se desenvolve e é o coñecido como románico catalán. A outra vía de penetración é o Camiño de Santiago, é de influencia francesa e chega de mans dos monxes beneditinos (monxes de hábito negro) da abadía de Cluny. Trala conquista de Toledo (1085) por Afonso VI, a paz asegurouse no norte peninsular. Este camiño é a vía medieval de difusión do románico e ao longo do seu percorrido atopamos, ademais de san Martiño, obras como: a catedral de Jaca, o mosteiro de Silos, a colexiata de santo Isidoro de León e a catedral de Santiago de Compostela.

No hay comentarios: