martes, 12 de agosto de 2008

Santiago de Compostela: catedral

Obra: Nave central de la catedral de Santiago de Compostela
Autor: El maestro Bernardo el Joven, gran parte de la nave central que vemos
Fecha: Siglo XII (la parte que vemos)
Estilo: Románico
Material: Piedra de sillería de granito

La catedral de Santiago de Compostela, obra cumbre del románico, se comenzó a construir por la cabecera por los maestros Bernardo el Viejo y Roberto, según dejó escrito Aymerico de Picaud en lo que hoy conocemos como Códice Calixtino.
Era el año 822 aproximadamente cuando se descubre el sepulcro del apóstol Santiago en Iria Flavia. Tras las basílicas construidas en el siglo IX por Alfonso II y Alfonso III, reyes asturianos, en 1075, siendo obispo de Compostela Diego Peláez y Alfonso VI rey de España, comienzan las obras de la catedral. En 1128, y gracias al impulso del obispo Gelmírez, las obras quedan terminadas. En 1188 se rematará la fachada oeste con el pórtico de la Gloria, obra del maestro Mateo.
La nave central corresponde en gran parte al maestro Bernardo el Joven, aunque los últimos arcos corresponden ya al maestro Mateo.
Tiene tres naves. La gran nave central, mucho más ancha que las laterales, está cubierta con bóveda de cañón con arcos fajones que tienen una función técnica y estética. Es un lugar idóneo para la multitud de peregrinos que acoge a lo largo de los siglos.
Las tres naves están separadas por arcos formeros de medio punto peraltados y doblados. Sobre la nave lateral, cubierta con bóveda de arista y separadas por arcos fajones, se levanta, ganando altura, la galería del piso superior que tiene ventanas ajimezadas.
Fuertes pilares cruciformes con columnas adosadas soportan el peso de la piedra de la bóveda. Los capiteles son de tipo vegetal en esta zona.
Al fondo se aprecia la trompa que sujeta el cimborrio poligonal original (el actual es gótico).
Toda la catedral tiene el aparejo de piedra de sillería de granito gallego muy bien escuadrada.
El interior del templo es oscuro pues sus ventanas son pequeñas y abocinadas (hoy la luz eléctrica modifica esta situación y nos aleja del espacio románico). Esta oscuridad es más propia de la oración que, dado el fervor de los peregrinos llegados a Compostela, elevarían al cielo los peregrinos tras el cansancio del camino desde lugares muy alejados.
El románico penetra el románico en la Península por dos zonas. Una llega a Cataluña desde Italia, donde se desarrolla al conocido como románico catalán. La otra vía de penetración es el Camino de Santiago, es de influencia francesa y llega de manos de los monjes benedictinos (monjes de hábito negro) de la abadía de Cluny. Tras la conquista de Toledo (1085) por Alfonso VI, la paz se había asegurado en el norte peninsular. Este camino es la vía medieval de difusión del románico y a lo largo de su recorrido encontramos, además de la catedral compostelana, obras como: la catedral de Jaca, el monasterio de Silos, san Martín de Frómista y la colegiata de san Isidoro de León.

*************

Obra: Nave central da catedral de Santiago de Compostela
Autor: O mestre Bernardo o Mozo, gran parte da nave central que vemos
Data: Século XII (a parte que vemos)
Estilo: Románico
Material: Pedra de cantaría de granito


A catedral de Santiago de Compostela, obra cume do románico, comezouse a construír pola cabeceira polos mestres Bernardo o Vello e Roberto, segundo deixou escrito Aymerico de Picaud no que hoxe coñecemos como Códice Calixtino.
Era o ano 822 aproximadamente cando se descobre o sepulcro do apóstolo Santiago en Iria Flavia. Tralas basílicas construídas no século IX por Afonso II e Afonso III, reis asturianos, en 1075, sendo bispo de Compostela Diego Peláez e Afonso VI rei de Castela, comezan as obras da catedral. En 1128, e grazas ao impulso do bispo Xelmírez, as obras quedan terminadas. En 1188 rematarase a fachada oeste co pórtico da Gloria, obra do mestre Mateu.
A nave central corresponde en gran parte ao mestre Bernardo o Mozo, aínda que os últimos arcos corresponden xa ao mestre Mateu.
Ten tres naves. A gran nave central, moito máis ancha que as laterais, está cuberta con bóveda de canón con arcos faixóns que teñen unha función técnica e estética. É un lugar idóneo para a multitude de peregrinos que acolle ao longo dos séculos.
As tres naves están separadas por arcos formeiros de medio punto peraltados e dobrados. Sobre a nave lateral, cuberta con bóveda de aresta e separadas por arcos faixóns, levántase, gañando altura, a galería do piso superior que ten fiestras con mainel.
Fortes piares cruciformes con columnas encostadas soportan o peso da pedra da bóveda. Os capiteis son de tipo vexetal nesta zona.
Ao fondo apréciase a trompa que suxeita o ciborio poligonal orixinal (o actual é gótico).
Toda a catedral ten o aparello de pedra de cantaría de granito galego moi ben escuadrada.
O interior do templo é escuro pois as súas fiestras son pequenas e abucinadas (hoxe a luz eléctrica modifica esta situación e afástanos do espazo románico). Esta escuridade é máis propia da oración que os peregrinos, chegados a Compostela, desde lugares moi afastados, elevarían ao ceo con todo fervor, tralo cansazo do camiño.
O románico penetra na Península por dúas zonas. Unha chega desde Italia a Cataluña, onde se desenvolve e é coñecido como románico catalán. A outra vía de penetración é o Camiño de Santiago, é de influencia francesa e chega de mans dos monxes beneditinos (monxes de hábito negro) da abadía de Cluny. Trala conquista de Toledo (1085) por Afonso VI, a paz asegurouse no norte peninsular. Este camiño é a vía medieval de difusión do románico e ao longo do seu percorrido atopamos, ademais da catedral compostelá, obras como: a catedral de Jaca, o mosteiro de Silos, san Martiño de Frómista e a colexiata de santo Isidoro de León.

No hay comentarios: