viernes, 6 de junio de 2008

Hermes con Dionisos


Obra: Hermes con Dionisos niño
Autor: Praxíteles
Estilo: Griego, 2º periodo clásico
Fecha: Siglo IV a.C., primera mitad
Material: Mármol


Praxíteles, el escultor más famoso del siglo IV a.C., realizó esta obra en torno al 343 a.C. Pertenece al segundo período de la escultura clásica griega. Narra un tema mitológico, en el que Hermes lleva a su hermanastro Dionisos a que lo cuiden las ninfas; en un alto en el camino, Hermes ofrece al dios del vino, Dionisos, un racimo de uvas que el pequeño quiere alcanzar con su mano. 
Se observa en la figura la llamada curva praxiteliana, un elegante contraposto que hace a la figura más graciosa. La postura que se obtiene así es de cierta languidez, cierta dulzura femenina. 
Está apoyado en un tronco tapado con unas telas, sistema utilizado para hacer más estable a una figura de mármol que debería aguantar, de otro modo, demasiado peso sobre los tobillos. 
Hay una preocupación por la belleza formal: anatomía proporcionada, armónica, sensual. La luz juega un papel importante, pues modela suavemente el cuerpo desnudo del dios. 
A pesar de ser dioses, están tratados con menos dignidad y seriedad que en el siglo V a.C. Hay un carácter anecdótico y juguetón entre el dios y el niño. Pausanias nos cuenta que era un exvoto del templo de Olimpia y allí mismo fue encontrado el grupo en 1877.

*********************

Praxíteles, o escultor máis famoso do século IV a.C., realizou esta obra por volta do 343 a.C. Pertence ao segundo período da escultura clásica grega. Narra un tema mitolóxico, no que Hermes leva ao seu medio irmán Dionisos a que o coiden as ninfas; nun alto no camiño, Hermes ofrece ao deus do viño, Dionisos, un acio de uvas que o pequeno quere alcanzar coa súa man.
Obsérvase na figura a chamada curva praxiteliana, un elegante contraposto que fai á figura máis graciosa. A postura que se obtén así é de certa languidez, certa dozura feminina.
Está apoiado nun tronco tapado cunhas teas, sistema utilizado para facer máis estable unha figura de mármore que debería aguantar, doutro xeito, demasiado peso sobre os nocellos.
Hai unha preocupación pola beleza formal: anatomía proporcionada, harmónica, sensual. A luz xoga un papel importante, pois modela suavemente o corpo espido do deus.
A pesar de ser deuses, están tratados con menos dignidade e seriedade que no século V a.C. Hai un carácter anecdótico e rebuldeiro entre o deus e o neno. Pausanias cóntanos que era un exvoto do templo de Olimpia e alí mesmo foi atopado o grupo en 1877.

No hay comentarios: