viernes, 4 de marzo de 2011

Tímpano de san Pedro de Moissac


Obra: Tímpano de la abadía de san Pedro de Moissac (Francia)
Autor: Anónimo
Fecha: Siglo XII
Estilo: Románico
Material: Piedra

En el tímpano se representa el tema del Apocalipsis (Ap. 4,3-8) escrito por san Juan. Cristo en majestad (Pantocrator), con el libro de la vida en la mano izquierda y bendiciendo con la derecha, está rodeado de los símbolos de los cuatro evangelistas (tetramorfos): el águila que representa a san Juan, el león a san Marcos, el toro a san Lucas y el ángel a san Mateo. Al lado de Cristo dos serafines (ángeles) sostienen un pergamino haciendo alusión al juicio final. Estas seis figuras cobijan al Pantocrator a modo de mandorla que aquí, por cierto, no aparece.
Los 24 ancianos del Apocalipsis están representados en tres franjas separadas por un "como mar de vidrio semejante al cristal", según se lee en el Apocalipsis. En la parte inferior hay 14 de ellos que tienen en sus manos copas o instrumentos musicales. Las miradas de todos ellos convergen en la figura de Cristo. Los demás ancianos están repartidos de forma simétrica: cinco están a la derecha de Cristo en dos registros también separados por el mar de vidrio; y los otros cinco a la izquierda. Se da así a entender que rodean a Cristo; es un artificio para indicar profundidad. Esta es la iconografía tradicional dentro del románico, con las peculiaridades propias de cada lugar. En el dintel aparecen ruedas de fuego que representan el fuego infernal.
Hay en el tímpano una disposición jerárquica; a mayor tamaño, más importancia de lo representado. Por eso Cristo es la figura mayor, seguida de los serafines y los símbolos del tetramorfos.; se termina con el menor tamaño de los ancianos. Las características formales del relieve (vestidos, pies, manos, etc., siguen los ritmos propios de la escultura románica. Gran parte de la escultura románica es monumental y la mayoría realizada en relieve, como es este caso. La ley de adaptación al marco arquitectónico propia del románico es manifiesta en este tímpano, así como la tendencia a llenar todo el espacio disponible (horror vacui - miedo al vacío). El tímpano es un lugar privilegiado por su extensión y por el sitio en que se encuentra (la entrada a la iglesia) para representar en él temas religiosos importantes. Aquí vemos a un Cristo juez con una actitud autoritaria pensado para inspirar temor entre los fieles. La escultura románica es didáctica; se la califica como la "Biblia en piedra".
Unas arquivoltas ligeramente apuntadas decoradas con cenefas vegetales rodean al tímpano.

**********************

Obra: Tímpano da abadía de san Pedro de Moissac (Francia)
Autor: Anónimo
Fecha: Século XII
Estilo: Románico
Material: Pedra

No tímpano represéntase o tema da Apocalipse (Ap. 4,3-8) escrito por san Xoán. Cristo en maxestade (Pantocrátor), co libro da vida na man esquerda e bendicindo coa dereita, está rodeado dos símbolos dos catro evanxelistas (tetramorfos): a aguia que representa a san Xoán, o león a san Marcos, o touro a san Lucas e o anxo a san Mateu. Á beira de Cristo dous serafíns (anxos) sosteñen un pergamiño facendo alusión ao xuízo final. Estas seis figuras acollen o Pantocrátor a modo de mandorla que aquí, por certo, non aparece.
Os 24 anciáns da Apocalipse están representados en tres franxas separadas por un "como mar de vidro semellante ao cristal", segundo se le na Apocalipse. Na parte inferior hai 14 deles que teñen nas súas mans copas ou instrumentos musicais. As miradas de todos eles converxen na figura de Cristo. Os demais anciáns están repartidos de forma simétrica: cinco están á dereita de Cristo en dous rexistros tamén separados polo mar de vidro; e os outros cinco á esquerda. Dáse así a entender que rodean a Cristo; é un artificio para indicar profundidade. Esta é a iconografía tradicional dentro do románico, coas peculiaridades propias de cada lugar. No lintel aparecen rodas de lume que representan o lume infernal.
Hai, no tímpano, unha disposición xerárquica; a maior tamaño, máis importancia do representado. Por iso Cristo é a figura maior, seguida dos serafíns e os símbolos do tetramorfos.; termínase co menor tamaño dos anciáns. As características formais do relevo (vestidos, pés, mans, etc. seguen os ritmos propios da escultura románica. Gran parte da escultura románica é monumental e a maioría realizada en relevo, como é este caso.A lei de adaptación ao marco arquitectónico propia do románico é manifesta neste tímpano, así como a tendencia a encher todo o espazo dispoñible (horror vacui - medo ao baleiro). O tímpano é un lugar privilexiado pola súa extensión e polo sitio en que se atopa (a entrada á igrexa) para representar nel temas relixiosos importantes. Aquí vemos un Cristo xuíz cunha actitude autoritaria, pensado para inspirar temor entre os fieis. A escultura románica é didáctica; cualifícase como a "Biblia en pedra".
Unhas arquivoltas lixeiramente apuntadas decoradas con orlas vexetais rodean o tímpano.

No hay comentarios: